lunes, 11 de julio de 2011

Grietas en el solsticio de verano de mi conciencia.

As grumas da rúa rodeaban a súa figura como se fose o ser máis extraordinario de todo aquilo que a vista puidese acadar. Ninguén no pobo era quen de tornarlle a face ao ente que gobernaba todalas conciencias.
Camiña distraído como se o mañá fora un espazo temporal constante. Os ollares dos ventanais seguen os pasos silenciosos.

-Eiquí lle ofrezo o máis sagrado que teño, meu  patrón - axonllouse unha meniña ante a figura.

-Qué me traes? -O sorriso, mesmo celestial,  nubrou todo pensamento autónomo.

Unha caixa de madeira portaba no seu interior un fío de ouro que se desenrroscou baixo a atenta mirada perguizeira de aquel que todo o ten. Acariñou os cabelos da súa subdita e tan pronto como a esquina xirou tirou o fío sen maior remordemento.

A conciencia non é tópica que se practique a día de hoxe. Como os sentimentos xorden e, sobretodo, como se esquecen é unha temática que nos inunda de dúbidas cando chegamos a esa idade na que a mancha máis grande no taboleiro da concencia semella ante ollos inocentes unha superficie impoluta. 

Incomprensible é o que un aguanta por un sentimento dependente que o encadea por vontade ao seu peor inimigo.

Galimatías da mente que arestora non acho comprender.

No hay comentarios:

Publicar un comentario