viernes, 1 de abril de 2011

Cavilacións

Fadas arroupadas de desasosego rondan tras de min. Os pensamentos lévanme a beiras afastadas daquí  para preguntarme qué hai agochado nese recuncho da túa ialma que me leva a coñecerte. Sen tan sequera poder identificar o olor da túa roupa.

Atmosferas traslúcidas impregnadas coas expectativas da imaxinación inundan todo o que queda intacto do meu ser. Non hai espranza nestes ceos manchados de golondrinas que vagan con rumbo predeterminado. Os pes camiñan sen xeito. Non se cavila en ren. Nada persiste xa. Só abstracción. Só luces de brétema. Só alumeos no fogar de ningures.



Rúas transitadas antano por min son arestora o teu refuxio para agocharte desa realidade que te oprime agora que sabes o que é perder aquilo que endexamáis posuiches. Pescuda por min. Faino. Naqueles lugares que nunca percorremos xuntos.  Pregunta a aqueles que descoñeces. Descobre todo aquilo que me compón e que cres saber.

Non sería un prezo caro a pagar: o teu tempo por unha esmola de vinculación emocional.