domingo, 17 de julio de 2011

Daily life.

-No me merezco esto- repites incesante a tu reflejo en el espejo - voy a cambiar. Cambiaré. Sí, lo haré. Pondré pies en polvorosa y pondré un obstáculo en todos los caminos que terminen en mi vida.

-Bien pero te queda un mes y medio en Tierras de Escandoi -susurró una voz tras de si- y el Poeta sen Sona aún sostiene su yugo bien amarrado a ti. Eres igual que un animal de carga. Te escondes en tu establo por la noche, finjiendo ser libre pero por la mañana cuando oyes la puerta abrirse eres la primera que se presenta ante su dueño. Los juegos de la retórica siempre fueron tu fuerte pero tanto engaño psicológico te empieza a pasar factura.
 
-Non merezo isto. Non merezo os enganos, non merezo a traizón. Non soporto que me utilize e nembargantes... cada día semella importarme menos. Só queda o que queda e namentras transcorre mantéñome no anonimato. No anonimato da vergoña. É culpa miña, non o dubido. Máis esta historia pode rematar de moitos xeitos menos ben. Aquí estou. Diante túa. Preparada para baxar un mínimo a guardia e comezar a cargar co desarraigo.

-A distancia non che garante o esquecemento. Voltarás. E non porás obstáculo nos camiños que levan a túa vida porque arestora só atendes a un de dirección única. Cara el.  Podes fuxir?

-Oxalá puideras -respostou o reflexo.

lunes, 11 de julio de 2011

Grietas en el solsticio de verano de mi conciencia.

As grumas da rúa rodeaban a súa figura como se fose o ser máis extraordinario de todo aquilo que a vista puidese acadar. Ninguén no pobo era quen de tornarlle a face ao ente que gobernaba todalas conciencias.
Camiña distraído como se o mañá fora un espazo temporal constante. Os ollares dos ventanais seguen os pasos silenciosos.

-Eiquí lle ofrezo o máis sagrado que teño, meu  patrón - axonllouse unha meniña ante a figura.

-Qué me traes? -O sorriso, mesmo celestial,  nubrou todo pensamento autónomo.

Unha caixa de madeira portaba no seu interior un fío de ouro que se desenrroscou baixo a atenta mirada perguizeira de aquel que todo o ten. Acariñou os cabelos da súa subdita e tan pronto como a esquina xirou tirou o fío sen maior remordemento.

A conciencia non é tópica que se practique a día de hoxe. Como os sentimentos xorden e, sobretodo, como se esquecen é unha temática que nos inunda de dúbidas cando chegamos a esa idade na que a mancha máis grande no taboleiro da concencia semella ante ollos inocentes unha superficie impoluta. 

Incomprensible é o que un aguanta por un sentimento dependente que o encadea por vontade ao seu peor inimigo.

Galimatías da mente que arestora non acho comprender.