A esencia do ar,
dunha mañá de verán,
axexando entre as herbas
grileiras,
reflíctese no teu ollar.
Suspiros calados,
escadan a túa figura
namentres os beizos
bailan ao son
das cantigas das lembranzas.
Os ecos dos sorrisos
constitúen a atmosfera
destas catro paredes.
Un univeso efímero
percorre os recunchos
de dúas ialmas
en consonancia.
Melodías que se descobren
para ignorarse de novo
dentro dunha sintonía
,banda sonora dun mundo
sen compaixón,
onde os amantes se agochan,
nos ocos da traición.
~ Siara ~
No hay comentarios:
Publicar un comentario